16 de setembro de 2014

Un viaje por Galicia (Mondariz-Balneario)

No ano 1929 o camarógrafo Luís R. Alonso recibiu o encargo de rodar unha película para dar a coñecer a Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla. No balneario de Mondariz o director filmou unha serie de tomas nas que se observa como centos de agüistas pasean polos xardíns do establecemento.



14 de setembro de 2014

Agradecemento ós asistentes ó Roteiro

A Plataforma SOS XARDINS Mondariz-Balneario, agradece a asistencia e participación das máis de 80 persoas que o sábado asistiron ás Actividades programadas nos Xardins do Gran Hotel 

Dúas horas de percorrido polos xardins, despois da benvida no parque, remataron na Asemblea aberta da Plataforma SOS XARDINS Mondariz-Balneario.

Asemblea e Acto reivindicativo celebraronse nas escalinatas do Bosque do Gran Hotel.
O paseio, foi soberbiamente contado por varias persoas, integrantes dos grupos de traballo da Plataforma.
Guiaron paseniña e sentidamente, da man da memoria natural, dos usos dos espazos no seu tempo, da fronda, dos oficios, das operarias; un ameno e didactico percorrido pola historia arqueolóxica, con mención expresa a personalidades da talla de Emilia Pardo Bazán, Alfonso Daniel Rguez Catelao, Ramón Cabanillas, entre outras.
En dous tempos e lugares diferentes, detallouse a pretensión recalificatoria do Concello e Sodesmon.SL e, coma unha imaxe val máis ca mil palabras, petamos coa crueza “in situ”: unha cinta a modo de replanteo, delimitando o perimetro que ocuparían as edificacións, clarificou a magnitude da barbaridade que mutilaría este espazo histórico único na Galiza

Obrigada a todas por acompañar aos Xardíns do Gran Hotel nun día tan luminoso, caloroso e fermoso. Sensibilidade, admiración e aprezo.

A imaxe recolle o intre da acción reivindicativa, onde foi desplegada a faixa cos lemas “Salvemos os Xardíns da Especulación+prohibido pasar para especular+prohibido recualificar”, e o logo da Plataforma SOS XARDINS.



13 de setembro de 2014

Roteiro polos xardíns de Mondariz Balneario para a súa protección

GC contou da realización do acto reivindicativo programado por SOS XARDINS: 

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/20684.html

"para tentar protexer este parque ameazado por unha recualificación urbanística plantexada polo Concello".

11 de setembro de 2014

Xardíns de Balneario

No Faro da Cultura, (suplemento do Faro de Vigo), 
Xardins de balneario. Por Alberte Reboreda (arqueólogo)

Para protexermos Mondariz

Un balneario non se entende sen os seus xardíns.


(...) a administración e a sociedade non deben consentir que se
constrúan edificios de vivendas dentro do parque do balneario, e tampouco que se mutile e fragmente artificialmente un espazo
histórico único en Galicia, valiosísimo desde o punto de vista paisaxístico e arquitectónico, que foi concibido como un conxunto e só pode explicarse desde a unidade, como teñen acreditado con acerto e erudición académica as universidades
de Vigo e Santiago de Compostela a petición da plataforma cidadá SOS Xardíns.
(...)As últimas décadas serviron para que o balneario de Mondariz iniciase unha feliz recuperación á que non é allea o esforzo de toda a sociedade, que ten achegado a este proxecto centos de milleiros de euros en forma de subvencións públicas(...) este xusto recoñecemento non debe ser obstáculo
para que se teña a humildade de recoñecer que non todo
se fixo acertadamente en Mondariz- Balneario, que non todo se está a facer ben. A ausencia de protección legal expresa do parque do Gran Hotel, o estado de abandono no que se atopan a Fonte de Troncoso as xanelas románicas de Casteláns ou o centenario Hotel Avelino son unha boa mostra de que a administración e a sociedade non poden caer na soberbia
nin na autocompracencia (...) Deixou escrito Ernests Hemingway
que “o segredo da sabiduría, do poder e do coñecemento
é a humildade”. Coidar do pasado é unha das claves para sermos dignos de habitar o presente.
Coidar o patrimonio común, mirar polo que herdamos con
próspera humildade é a mellor garantía de futuro para salvagardar a nosa identidade e a nosa dignidade como galegas.



Roteiro 13 de Setembro

SOS-Xardíns fai unha proposta distinta para coñecer e valorar o histórico xardín ameazado agora pola especulación.

Un paseio comentado por persoas coñecedoras dos diversos aspectos e sorpresas das partes dos Xardíns, con identificación de especies vexetais e referencias medioambientais, elementos patrimoniais, urbanismo. O roteiro de entorno servirá como reivindicación do uso público e posta en valor do xardíns que queremos salvar.

Logo de rematar o paseio, participa na asemblea da Plataforma.
Ao remate imos proxectar un delicioso minuto e medio de films dos anos 20 en Balneario, con preciosas secuencias recuperadas dos arquivos.

Sería un gusto que vos animásedes a participar nesta xornada cívica prestando así o voso apoio ao traballo realizado en defensa destos xardíns.







10 de setembro de 2014

El cambio de jardines de Balneario se someterá a evaluación ambiental

Faro de Vigo recolle a decisión da Consellaria de Medio Ambiente, de someter á informe de Avaliación Estratéxiga a Modificación Puntual do POMR de Mondariz-Balneario, como comunicara a Plataforma SOS XARDINS.


NOTA DE SOS XARDINS Mondariz-Balneario

A Plataforma SOS XARDINS, congratulase da decision da Xunta, de someter ao procedemento de avaliacion ambiental estratéxica a modificación puntual do POMR de Mondariz-Balneario, nos xardins do Gran Hotel

A Consellería de Medio Ambiente tamén entende que unha recualificación urbanística dos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario para usos residenciais, tería efectos adversos e irreversibles sobre o recinto e a vila

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, adoptou o acordo de que é necesario “someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica a Modificación Puntual do POMR de Mondariz-Balneario nos xardíns do Gran Hotel”, unha vez rematado o periodo de consultas ao que foi sometido.

Como se recordará, nese periodo de consultas a plataforma cidadá SOS XARDÍNS de Mondariz Balneario presentou unha alegación contra o dito plan, que foi apoiada por outras setenta alegacións particulares e que foi respaldada por cinco informes técnicos de carácter sectorial.

Agora, a Consellería de Medio Ambiente ven dar a razón aos argumentos de SOS XARDÍNS para rexeitar a construcción de novas vivendas no recinto dos Xardíns do Gran Hotel, porque tal actuación constituiría un deterioro irreversible da riqueza cultural, patrimonial, medioambiental, histórica e paisaxística do recinto e, por extensión, de toda a vila balnearia.

Na súa resolución, a Consellería recoñece que “os xardíns forman parte indisociable do conxunto balneario e da vila de Mondariz-Balneario”, e nese sentido valora positivamente tanto a posible conversión do recinto en zona verde a disposición do público como a posibilidade de que se faga realidade a dotación dun museo sobre a auga.

Pero non ten dúbida en afirmar tamén que “non entanto, a execución dunha área residencial no interior dos xardíns vai ter considerables efectos sobre o patrimonio cultural e natural existente, así como sobre a paisaxe do conxunto balneario e da vila”. A Consellería califica eses efectos ambientais previsibles como “adversos, duradeiros e irreversibles”.

Agora será a Consellería de Medio Ambiente quen lle deba dictar ao Concello de Mondariz Balneario as condicións e as limitacións que deberá necesariamente respetar antes de poder continuar coa tramitación da modificación urbanística que promove no entorno do Gran Hotel. Tales requisitos se plasmarán no denominado Documento de Referencia (DR) que redactará a Consellería para o seu próximo envío ao Concello de Mondariz-Balneario. Entretanto, queda suspendida a súa tramitación.

SOS Xardíns espera que entre os límites que estableza a Consellería para poder aprobar a modificación urbanística promovida polo Concello sinale que non se permita a recualificación para usos residenciais do espazo do bosque dos xardíns do Gran Hotel nin por tanto a construcción nese entorno de novas vivendas.




1 de setembro de 2014

ACTIVIDADE DA PLATAFORMA SOS XARDINS MONDARIZ-BALNEARIO .

Previa solicitude da Plataforma SOS Xardins Mondariz-Balneario, o pasado mércores 28 celebrouse unha reunión entre a plataforma SOS XARDÍNS e o Alcalde de Mondariz Balneario. 

O Alcalde estivo acompañado na reunión pola portavoz do grupo de goberno municipal, así como polo Secretario e a Arquitecta Técnica do Concello.

Na reunión, SOS XARDÍNS transmitiu ao Alcalde a súa opinión contraria á recualificación dos terreos dos Xardíns do Gran Hotel con fins especulativos .

Pola súa parte o Alcalde, e demáis representación do Concello presentes na reunión, reafirmou a súa decisión de seguir adiante coa tramitación da recualificación, descalificando os argumentos e as motivacións da Plataforma para opoñerse a este proxecto, e negándose siquera a debatilos.

SOS XARDÍNS, que fixo entrega da documentación elaborada pola Plataforma acompañada de cinco informes técnicos sectoriais que avalan a análise da Plataforma, agarda que o Alcalde de Mondariz Balneario estudie, agora, a documentación e que nos poda responder punto por punto con informes técnicos que contradigan os nosos argumentos legais, ambientais e históricos e que avalen e xustifiquen o proxecto de recualificación que promove o Concello.
En caso contrario, si o Alcalde non é capaz de aportar os informes que demostren que non temos razón, SOS XARDÍNS agarda que o Concello desista definitivamente de seguir adiante coa tramitación deste proxecto.

29 de agosto de 2014

POR QUÉ SOS XARDÍNS Mondariz-Balneario?

Á pretensión de segretar urbanística e patrimonialmente unha parte significativa do recinto dos Xardíns do Gran Hotel, para especular co seu solo, deu lugar á constitución da plataforma cidadá que agrupa ás sensibilidades contrarias a esta operación.




28 de agosto de 2014

Bosques de Mondariz

Na Voz de Galicia, a escritora Inma López Silva, aplica o seu CALIDOSCOPIO, ao BOSQUE do Balneario de Mondariz.

"(...) un fermoso bosque de fondo interese patrimonial (...).Como Xardín histórico debería ser protexido integralmente (...). Malia que Mondariz Balneario só ten 2,5 kilómetros cadrados, 656 habitantes e algún que outro chalet a medio acabar, estou segura de que hai sitio abondo para indagar nas posibilidades dunha nova burbulla inmobiliaria, sen necesidade de estragar o espazo que dá razón de ser ao concello"

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/08/24/bosques-mondariz/0003_201408G24P16992.htm

25 de agosto de 2014

El Instituto de Estudios Vigueses pide proteger el jardín de Mondariz-Balneario

Instituto de Estudos Vigueses pronunciase, claramente, pola conveniencia da protección do "conxunto patrimonial unitario, no que cada elemento cumpría unha función, dentro dun recinto pechado no seu perímetro exterior", pola protección dos Xardíns.


22 de agosto de 2014

21 de agosto de 2014

Agradecemos ós apoios

“Desde aquí queremos facer un recoñecemento a todas as persoas que se implicaron, tanto no acto de espallar as argumentacións e observacións, coma no de asinar e apoiar o documento, polos medios que for. Tendo constancia que foron moitas, para todas vai o noso agradecemento.”




Nos medios ecoa o traballo de SOS Xardins, concretamente o rexistro do documento de observacións, elaborado polos grupos de traballo da Plataforma.