SOS-Xardíns fai unha proposta distinta para coñecer e valorar o histórico xardín ameazado agora pola especulación.
Un paseio comentado por persoas coñecedoras dos diversos aspectos e sorpresas das partes dos Xardíns, con identificación de especies vexetais e referencias medioambientais, elementos patrimoniais, urbanismo. O roteiro de entorno servirá como reivindicación do uso público e posta en valor do xardíns que queremos salvar.
Logo de rematar o paseio, participa na asemblea da Plataforma.
Ao remate imos proxectar un delicioso minuto e medio de films dos anos 20 en Balneario, con preciosas secuencias recuperadas dos arquivos.
Sería un gusto que vos animásedes a participar nesta xornada cívica prestando así o voso apoio ao traballo realizado en defensa destos xardíns.


Ningún comentario:
Publicar un comentario