Previa solicitude da Plataforma SOS Xardins Mondariz-Balneario, o pasado mércores 28 celebrouse unha reunión entre a plataforma SOS XARDÍNS e o Alcalde de Mondariz Balneario.
O Alcalde estivo acompañado na reunión pola portavoz do grupo de goberno municipal, así como polo Secretario e a Arquitecta Técnica do Concello.
Na reunión, SOS XARDÍNS transmitiu ao Alcalde a súa opinión contraria á recualificación dos terreos dos Xardíns do Gran Hotel con fins especulativos .
Pola súa parte o Alcalde, e demáis representación do Concello presentes na reunión, reafirmou a súa decisión de seguir adiante coa tramitación da recualificación, descalificando os argumentos e as motivacións da Plataforma para opoñerse a este proxecto, e negándose siquera a debatilos.
SOS XARDÍNS, que fixo entrega da documentación elaborada pola Plataforma acompañada de cinco informes técnicos sectoriais que avalan a análise da Plataforma, agarda que o Alcalde de Mondariz Balneario estudie, agora, a documentación e que nos poda responder punto por punto con informes técnicos que contradigan os nosos argumentos legais, ambientais e históricos e que avalen e xustifiquen o proxecto de recualificación que promove o Concello.
En caso contrario, si o Alcalde non é capaz de aportar os informes que demostren que non temos razón, SOS XARDÍNS agarda que o Concello desista definitivamente de seguir adiante coa tramitación deste proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario