Dúas horas de percorrido polos xardins, despois da benvida no parque, remataron na Asemblea aberta da Plataforma SOS XARDINS Mondariz-Balneario.
Asemblea e Acto reivindicativo celebraronse nas escalinatas do Bosque do Gran Hotel.
O paseio, foi soberbiamente contado por varias persoas, integrantes dos grupos de traballo da Plataforma.
Guiaron paseniña e sentidamente, da man da memoria natural, dos usos dos espazos no seu tempo, da fronda, dos oficios, das operarias; un ameno e didactico percorrido pola historia arqueolóxica, con mención expresa a personalidades da talla de Emilia Pardo Bazán, Alfonso Daniel Rguez Catelao, Ramón Cabanillas, entre outras.
En dous tempos e lugares diferentes, detallouse a pretensión recalificatoria do Concello e Sodesmon.SL e, coma unha imaxe val máis ca mil palabras, petamos coa crueza “in situ”: unha cinta a modo de replanteo, delimitando o perimetro que ocuparían as edificacións, clarificou a magnitude da barbaridade que mutilaría este espazo histórico único na Galiza
Obrigada a todas por acompañar aos Xardíns do Gran Hotel nun día tan luminoso, caloroso e fermoso. Sensibilidade, admiración e aprezo.
A imaxe recolle o intre da acción reivindicativa, onde foi desplegada a faixa cos lemas “Salvemos os Xardíns da Especulación+prohibido pasar para especular+prohibido recualificar”, e o logo da Plataforma SOS XARDINS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario