Xardins de balneario. Por Alberte Reboreda (arqueólogo)
Para protexermos Mondariz
Un balneario non se entende sen os seus xardíns.
(...) a administración e a sociedade non deben consentir que se
constrúan edificios de vivendas dentro do parque do balneario, e tampouco que se mutile e fragmente artificialmente un espazo
histórico único en Galicia, valiosísimo desde o punto de vista paisaxístico e arquitectónico, que foi concibido como un conxunto e só pode explicarse desde a unidade, como teñen acreditado con acerto e erudición académica as universidades
de Vigo e Santiago de Compostela a petición da plataforma cidadá SOS Xardíns.
(...)As últimas décadas serviron para que o balneario de Mondariz iniciase unha feliz recuperación á que non é allea o esforzo de toda a sociedade, que ten achegado a este proxecto centos de milleiros de euros en forma de subvencións públicas(...) este xusto recoñecemento non debe ser obstáculo
para que se teña a humildade de recoñecer que non todo
se fixo acertadamente en Mondariz- Balneario, que non todo se está a facer ben. A ausencia de protección legal expresa do parque do Gran Hotel, o estado de abandono no que se atopan a Fonte de Troncoso as xanelas románicas de Casteláns ou o centenario Hotel Avelino son unha boa mostra de que a administración e a sociedade non poden caer na soberbia
nin na autocompracencia (...) Deixou escrito Ernests Hemingway
que “o segredo da sabiduría, do poder e do coñecemento
é a humildade”. Coidar do pasado é unha das claves para sermos dignos de habitar o presente.
Coidar o patrimonio común, mirar polo que herdamos con
próspera humildade é a mellor garantía de futuro para salvagardar a nosa identidade e a nosa dignidade como galegas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario